Summer camp

Desde hai xa unha década organizamos campamentos de verán onde os nenos, ademais de aprender inglés, crean comunidade; ano tras ano reencontráronse cos seus amigos en GOLA.

As temáticas do campamento están pensadas para que os nenos sigan adquirindo o idioma de forma natural e inmersiva, ao mesmo tempo que disfrutan ao aire libre das actividades programadas e elaboradas para tal fin.

Durante este tempo estival é cando máis partido lle sacamos ao coidado de mascotas e á xardinería, ademais de continuar coas actividades típicas de Gola: contacontos, manualidades, karaoke, STEM, cociña e xogos. Aínda que intenso en canto a produción lingüística, o ambiente máis relaxado dos campamentos tamén favorece a utilización e produción do idioma de maneira máis libre.

little gola
campamento summer camp gola 1
shape yellow 1

Os xoves, sempre que o clima o permita, organizamos xogos de auga creando distintas estacións para que os nenos, ademais de pasalo moi ben, estean seguros. Os nenos deben traer traxe de baño, toalla e sandalias de auga pechadas.

Os venres temos cine con pipocas e incorporamos a nosa clase de zumba para despedir a semana.

Os campamentos son por semanas de luns a venres de 10:00 a 14:00, aínda que o centro abre as súas portas de 8:00 a 15:00 para axudar ás familias coa conciliación. Non temos servizo de comedor, os nenos poden traer o seu almorzo e/ou comida en caso de ter horario ampliado.

É importante que traian un lanche para a media mañá, roupa e calzado cómodos, gorra e crema solar.

summer camp gola
D3614D05 DA77 43EF B732 4954C0227655
Skip to content