shape yellow 1
buble pink
shape blue

Gola's Club

O Club de Gola é un espazo pensado para adolescentes cun nivel mínimo de inglés A2 e que estean entre as idades de 12 e 16 anos.

Este club literario dá continuidade a aqueles alumnos que finalizan os niveis en “Toy Library” e desexan seguir avanzando no aprendizaxe do inglés de forma lúdica.

O club literario non se trata só dun grupo de lectura. Nel pretendemos cumprir outros obxectivos cos alumnos que xa forman parte da familia Gola.

  • Mellorar a comprensión lectora e o resto das competencias lingüísticas en inglés.
  • Ofrecer unha breve introdución á literatura de fala inglesa.
  • Iniciar aos participantes na expresión corporal e na interpretación teatral.
  • Que os alumnos se sintan máis seguros e con máis fluidez no uso do inglés.
  • Fomentar o compañerismo, o respecto mutuo e a colaboración.
gola club girl

Horarios

Venres

16.30h a 19.30h

Actividades

As actividades realizadas en Gola’s Club xiran arredor dun libro elixido previamente polos propios membros do grupo. Deste xeito, poderán ler os seus libros favoritos e mellorar a comprensión lectora.

Gola’s Club será guiado por un profesor dinamizador que axude aos membros a ser os auténticos protagonistas e organizadores do Club. Neste espazo, os membros poderán traballar á súa vez no desenvolvemento e expresión da personalidade mediante actividades baseadas no teatro e en xogos de rol.

BloGola

Skip to content